MÉTODOS TRADICIONAIS E CONTEMPORÁNEOS DE TRABALLO NA FORXA
Datas de celebración: Do 3 ao 5 e do 10 ao 12 de setembro Lugar de celebración: A Fonsagrada (Lugo) Duración: 40h Horario: 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00. Os venres só de tarde Docente: Asociación de Ferreiros de A Fonsagrada
NOTA IMPORTANTE
A presentación da solicitude de participación supón o compromiso de asistencia ao curso, agás por causas sobrevidas e debidamente xustificadas. O incumprimento deste compromiso suporá a perda do dereito a participar en calquera curso que organice esta Fundación durante un periodo de dous anos, sen prexuízo da responsabilidade na que puidera incorrer; polo tanto, o alumno que se vexa obrigado por causa grave a non asistir ao curso, deberalle solicitar a baixa inmediata, de forma fehancente, á Fundación Centro Galego da Artesania do Deseño, acreditando documentalmente o motivo da renuncia.
DOCUMENTACIÓN NECESARIA
Débeselle remitir á Fundación por correo ordinario, fax ou correo electrónico a fotocopia do DNI.
AVISO
As persoas que non teñan carta de artesán e estean interesadas en participar nos cursos, deberanse poñer en contacto coa Fundación.