ACCIÓN DE APOIO PARA A INNOVACIÓN NA ARTESANÍA DE GALICIA
Datas de celebración: 17, 18, 24 e 25 de setembro, e 15, 16, 22, 23, 29 e 30 de outubro Lugar de celebración: Santiago de Compostela (A Coruña) Duración: 80h Horario: 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas Docente: Xénia Viladás, Marisa del Río, Anxo López, Luis Otero e Pitt Berkemeyer Finalidade:A formación en xestión e deseño axuda ao tecido da microempresa do sector artesanal a aumentar a súa competitividade tanto no entorno local, como internacional. Estrutura do curso: O ciclo de formación componse, na súa primeira edición, de 5 módulos: - Marketing - Deseño - Comunicación - Administración e finanzas - Vendas
Nota: A asistencia é obrigatoria a todos os módulos do curso.
NOTA IMPORTANTE
A presentación da solicitude de participación supón o compromiso de asistencia ao curso, agás por causas sobrevidas e debidamente xustificadas. O incumprimento deste compromiso suporá a perda do dereito a participar en calquera curso que organice esta Fundación durante un periodo de dous anos, sen prexuízo da responsabilidade na que puidera incorrer; polo tanto, o alumno que se vexa obrigado por causa grave a non asistir ao curso, deberalle solicitar a baixa inmediata, de forma fehancente, á Fundación Centro Galego da Artesania do Deseño, acreditando documentalmente o motivo da renuncia.
DOCUMENTACIÓN NECESARIA
Débeselle remitir á Fundación por correo ordinario, fax ou correo electrónico a fotocopia do DNI.
AVISO
As persoas que non teñan carta de artesán e estean interesadas en participar nos cursos, deberanse poñer en contacto coa Fundación.