Galego | Castellano
31 / Xullo / 2010
catálogos en liña
Actualidade
Artesáns
Documentación
Rutas e mapas

Catálogos en liña

foto

Celsa Barja Rodríguez


Artesanía en calceta e gancho

Detalle do labor de gancho Agullas de calcetar ou de gancho son os instrumentos cos que adoita a traballar a artesá. Puntos xa inventados, legado da tradición, cos que xoga a crear prendas de vestir, complementos, bixutaría ou obxectos de decoración. Cada prenda ou cada peza é unica, feita con agarimo e dedicación. La virxe, algodón, seda, liño... materiais nobres que con creatividade se transforman nunha artesanía con pautas tradicionais en perfecta harmonía coa época de hoxe. Un traballo que se achega á xente a través de internet ou ben en feiras e mostras artesáns. Baixo o nome de "Madeixas", atopamos cousas típicas desta actividade (conxuntos de bebés, xerseis, tapetes, puntillas...), ata sofisticadas pamelas, parasois únicos ou miniaturas en gancho... Todo vai deseñado a través de dedos pacientes que achegan este tipo de actividade a un colectivo cada vez máis novo, aliciente máis que suficiente para que a artesá busque persoalmente a máxima perfección.

Madeixas Artesanía

Artesanía que innova

Pezas rematadas "Sentir que algo que xorde a túa cabeza cobra forma entre as túas mans con tan só unhas madeixas e unhas agullas é tremendamente estimulante. Ver a expresión da xente ante as túas cousas en calquera exposición, é o meirante premio. Creo que aquí está o segredo, en facer co de sempre cousas novas, en achegar o que se asocia con vellos tempos á xente nova para que non se perda", explica Celsa Barja Rodríguez.

E engade que a artesanía é ademais unha actividade relaxante, que nalgúns países ata se utiliza en terapias. "Eu non chego a tanto, pero vou traballando con palilleiras e colaborando cos novos diseñadores, que xa non é pouco..."

Localizador de artesáns
BUSCADOR AVANZADO
mes anterior
Xullo de 2010
mes seguinte
Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
L M M X V S D
      1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 31  
ir á páxina de inicio Artesanía de Galicia