Galego | Castellano
07 / Setembro / 2010
catálogos en liña
Actualidade
Artesáns
Documentación
Rutas e mapas

NOVAS

Economía e Industria colabora na celebración da Feira Medieval de Noia 19-07-2010

Imaxe dun artesán participante na feira

A xerente da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño, Elena Fabeiro Castro, participou no acto de inauguración da décimo terceira edición deste mercado, que está considerado un dos máis antigos e consolidados dos que se celebran en Galicia.

A Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño participa cun investimento de 3.000 euros e coa achega de material de promoción da marca Artesanía de Galicia a este evento, que se celebra do 16 ao 18 de xullo no casco histórico de Noia.


A xerente da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño, Elena Fabeiro Castro, participou en representación da Consellería de Economía e Industria na inauguración da XIII Feira Medieval de Noia, que se celebra no casco histórico desta vila coruñesa entre os días 16 e 18 de xullo. A Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño apoia o evento a través dun investimento de 3.000 euros e mais da súa participación cun stand de promoción da marca Artesanía de Galicia.

O evento, no que está previsto que participen arredor de 200 postos de artesanía e de hostalería, está considerado un dos máis antigos e consolidados dos que se celebran en Galicia. Ademais do espazo dedicado á venda, a feira conta cun amplo programa de actividades paralelas de animación da rúa, recreacións e obradoiros prácticos sobre diferentes oficios, que se celebrarán ao longo de toda a fin de semana.

A Consellería de Economía e Industria considera que unha das vías máis efectivas para dar a coñecer a marca Artesanía de Galicia son as feiras de artesanía de venda directa, como é o caso da Feira Medieval de Noia, posto que supón un espazo de confluencia dos produtores e dos destinatarios das súas pezas.




volver

Hemeroteca: 2007200820092010

Localizador de artesáns
BUSCADOR AVANZADO
mes anterior
Setembro de 2010
mes seguinte
Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
L M M X V S D
    1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30    
ir á páxina de inicio Artesanía de Galicia