Premios Artesanía de Galicia

Premios Artesanía de Galicia

A Fundación Pública Artesanía de Galicia crea no ano 2008 os Premios Artesanía de Galicia co obxectivo de estimular o labor de creación dos autores do eido artesanal galego e sensibilizar a sociedade, a través das obras presentadas, sobre a importancia deste sector como motor económico e cultural de Galicia, onde as actividades artesanais representan unha grande reserva dende o punto de vista cualitativo e cuantitativo. Con esta iniciativa recoñécese a mellora continua no traballo dos profesionais do sector artesanal galego e foméntase o seu desenvolvemento económico e á súa visibilización.

Este certame contribúe a poñer en valor o sector artesán galego, así como a divulgar o traballo dos profesionais entre a sociedade; potenciar a creatividade; promover a captación do talento dentro do sector, facendo fincapé na incorporación dos artesáns máis novos a través do apoio á súa formación especializada; e a impulsar o relevo xeracional ao tempo que se aposta pola introdución da innovación e do deseño nos procesos de produción.

Consulta aquí os premios concedidos en cada edición.